top of page

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS CONCURSO FOTOGRÁFICO NOVO ENFOQUE 1ª EDICIÓN 2025

 

1. Durante o concurso existirá un comité de control formado por catro membros da organización que poderá resolver calquera dúbida ou controversia en canto á interpretación das bases do concurso. As súas decisións serán definitivas.

 

2. As reclamacións deberán facerse a través de correo electrónico enviando a súa consulta a festivalnovoenfoque@gmail.com. Nunca deberán facerse de ningún outro medio. No caso de realizarse a través das redes sociais os seus comentarios poderán ser eliminados se non están fundamentados ou conteñen comentarios ofensivos.

 

3. As devolucións deberán solicitarse antes do peche do proceso de inscrición o día 27 de outubro de 2025 ás 23:59 horas. Unha vez finalizado o prediodo deste proceso as taxas de inscrición non serán devoltas, fóra das causas válidas de devolución seguintes:

  • Compra accidental.

  • Cancelación do concurso.

  • Inadmisión da inscrición por non cumprir requisitos formais, sempre que o erro non sexa do participante.

  • Non alcanzar o mínimo de participantes e, por tanto, cancelarse a convocatoria.

  • Enfermidade grave, accidente ou falecemento do participante.

  • Desastres naturais, emerxencias sanitarias, ou restricións legais que impidan a asistencia ou participación.

  • Problemas técnicos da plataforma que imposibilitasen o uso correcto da inscrición.

 

4. Debido aos intereses, cargos bancarios, así como aos custos asociados á plataforma en liña, as devolucións nunca poderán ser totais. Reembolsarase a cantidade da compra recibida pola organización.

 

5. Para iniciar unha devolución deberá poñerse en contacto coa organización do Festival Novo Enfoque a través do correo electrónico: festivalnovoenfoque@gmail.com usando o asunto: DEVOLUCIÓN TAXA CONCURSO FOTOGRÁFICO 2025. Deberás proporcionar:

  • Nome e apelidos

  • Número de teléfono de contacto

  • Motivo da devolución

 

6. Se a serie fotográfica presentada NON CUMPRE COS ASPECTOS DETERMINANTES PARA A SELECCIÓN, ESTA NON SERÁ SELECCIONADA E POR TANTO NON PARTICIPARÁ NO CONCURSO NIN SERÁ EXPOSTA. Corre a conta do participante ler detidamente a sección de “Aspectos determinantes para a selección” nas bases do concurso e preguntar calquera dúbida á organización do festival. Se a serie fotográfica non é seleccionada por motivos de incumprimentos das bases, non se realizará a devolución da taxa de inscrición.

 

7. O feito de participar implica a aceptación das Bases do concurso e dos Termos e Condicións.

 

bottom of page