
POLÍTICA DE PRIVACIDADE
INTRODUCIÓN
O Festival Novo Enfoque 2ª Edición 2025 comprométese a protexer a privacidade dos usuarios. Esta páxina detalla como recollemos, utilizamos e protexemos os teus datos persoais, cumprindo co Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) e a Lei Orgánica de Protección de Datos e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD).
ENTIDADE RESPONSABLE DO TRATAMENTO
Nome: Flowerfilled
Correo electrónico: flowerfilledfilms@gmail.com
DATOS RECOLLIDOS
-
Datos de incripción persoais: Nome e apelidos dos participantes, autor ou autores, correos electrónicos de contacto, números de teléfono de contacto e información comprobante da matrícula nun centro de estudos superior galego.
-
Arquivos enviados: Imaxes, documentos, e vídeos compartidos polos participantes para a súa participación no festival e actividades.
-
Interaccións: Datos asociados a votacións.
-
Suscricións: Enderezo de correo electrónico para recibir comunicacións relacionadas co festival.
FINALIDADE DO TRATAMENTO
Os datos recompilados utilizaranse para os seguintes propósitos:
-
Xestión da participación nos concursos: Procesamos os vídeos enviados para a súa avaliación, proxección e futuro uso polo festival en outras actividades así como arquivo e promoción do festival baixo a descripción das bases de cada convocatoria.
-
Facilitar interaccións: Permitir comentarios e votacións para os premios do público.
-
Comunicación: Enviar notificacións relacionadas co festival.
FINALIDADE DO TRATAMENTO
-
Consentimento: Para o uso de datos en rexistros, comentarios e votacións. Este consentimento poderá retirarse en calquera momento.
-
Execución dun contrato: Para xestionar a participación nos concursos.
DEREITOS DO USUARIO
Os usuarios poderán exercer os seguintes dereitos:
-
Acceso: Coñecer os datos persoais tratados.
-
Rectificación: Correxir datos incorrectos ou incompletos.
-
Supresión: Solicitar a eliminación dos datos persoais cando non sexan necesarios.
-
Oposición: Opoñerse ao tratamento dos seus datos por motivos persoais.
-
Portabilidade: Recibir os seus datos nun formato estruturado e de uso común.
-
Limitación do tratamento: Solicitar que os datos sexan utilizados unicamente para determinados fins.
Para exercer estes dereitos, envía unha solicitude ao enderezo de correo festivalnovoenfoque@gmail.com, adxuntando unha copia do teu documento de identidade ou equivalente.