top of page

TERMOS E CONDICIÓNS

INTRODUCIÓN

 

Estes termos e condicións regulan o uso do sitio web e a participación no Festival Novo Enfoque 2ª Edición 2025. Ao utilizar este sitio web ou participar no festival, aceptas estas condicións na súa totalidade. É responsabilidade do usuario ler e comprender estes termos antes de proceder a calquera acción no sitio web ou no marco do festival.

 

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

Deberanse revisar detidamente os ASPECTOS DETERMINANTES PARA A SELECCIÓN de cada unha das convocatorias que ofrece o festival. O festival non se fai responsable dos problema legais e de dereitos de autor derivados da incorrecta inscrición de obras que non cumpran os  detalles requiridos.

 

As obras que non cumpran as especificacións requiridas serán eliminadas automaticamente da participación no festival ou das actividades paralelas sen necesidade de presentar causa xustificada ou dar aviso ao autor ou autores da obra. O festival se reserva o dereito de eliminar a participación dunha obra baixo as circunstancias descritas en calquera momento e sen dereito de reclamación.

 

LIMTIACIÓN DE RESPONSABILIDADE

O festival non será responsable de:

  • Perdas ou danos derivados da participación no festival ou do uso do sitio web.

  • Erros técnicos, interrupcións ou fallos do sitio web, incluíndo os xenerados por terceiros.

  • Contido enviado por terceiros, incluíndo participantes, usuarios e colaboradores.

  • Accións de terceiros que vulneren estes termos ou a normativa aplicable.

 

En ningún caso o festival será responsable de perdas económicas, danos indirectos ou perda de datos relacionados coa participación ou co uso do sitio web.

 

POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS

O tratamento dos datos persoais estará suxeito á  Política de Privacidade do festival. A participación no festival implica a aceptación desta política.

DEREITOS DO FESTIVAL

  • Modificacións:

O Festival Novo Enfoque 2ª Edición 2025 se reserva o dereito de actualizar estes termos en calquera momento. Comunicando os cambios con a antelación necesaria.

  • Uso de Contido:

A organización resérvase o dereito de usar os fotogramas, fotografías, carteis e clips entregados con fins promocionais do festival. Así como ata o 10% da duración total das obras de vídeo seleccionadas. A participación no festival implica conceder a calquera medio de promoción (televisión, prensa, radio, internet…) o dereito para emitir extractos das obras de vídeo (cun máximo do 10% da duración total), fotogramas, fotografías, carteis e clips de vídeo. O festival gárdase os dereitos de poder exhibir as obras seleccionadas durante o período dun ano para a proxección e demostración noutros posibles eventos, sen fins lucrativos.

 

Os autores que presenten obras ao festival ou a algunha das actividades paralelas cederán os dereitos de difusión á organización do festival de forma gratuita e non exclusiva, para a exposición das obras na marxe do Festival Novo Enfoque, e para eventos e  actividades paralelas. Os dereitos de explotación seguerán pertencendo á persoa autora.

  • Suspensión de programación e participación:

As obras seleccionadas para as seccións competitivas proxectaranse na súa totalidade os días de celebración do festival, as actividades paralelas como o concurso fotográfico tamén terán lugar durante os mesmos días da duración do festival. O equipo organizador do evento resérvase o dereito de alterar, modificar ou suspender en calquera momento a programación do festival. As seccións, actividades paralelas ou premios poderán declararse nulos se o equipo organizador ou o xurado así o decide. Non poderá existir un caso de empate e o xurado tomará unha decisión determinante baixo calquera circunstancia. O xurado poderá establecer mencións de honra cando o considere oportuno. A organización do evento e o equipo programador asume que os participantes do festival son os titulares dos dereitos de autor da obra que presentan. A organización non se fai responsable das posibles infraccións relacionadas co incumprimento das normativas de dereitos de autor. O festival poderá suspender ou eliminar a participación de calquera usuario que incumpla estes termos ou realice accións que perxudiquen a imaxe do evento.

A participación no Festival Novo Enfoque 2ª Edición 2025 e nas súas actividades parealelas implica a aceptación destes termos e condicións.

Para calquera dúbida podes contactar co equipo organizador do festival a través da dirección de correo electrónico: festivalnovoenfoque@gmail.com. Co asunto “Consulta de inscrición Festival Novo Enfoque”.

 

bottom of page