PROXECTOS SELECCIONADOS 2024
TODO DICHO | Nel González
2024 | 7' | Comedia, Falso documental | Castelán | Facultade de Ciencias da Comunicación, Universidade de Vigo
Sentado ante a cámara, un experimentado vaqueiro e un xove foraxido explican como se sinten obrigados a cumprir os seus respectivos roles, pese a querer falar civilizadamente, mentres transcurre unha intensa dó en mitad da chaira.
Dirección: Nel González
Guión: Nel González
Produción: Nel González
Dirección de fotografía: Nel González
Deseño de produción: Nel González
Montaxe: Nel González
Música: Nel González
Reparto: Mikel Panera, Rafa Suco
ANCORA | Miguel R. Berride
2024 | 14' 57" | Drama, Ficción | Galego | Facultade de Ciencias da Comunicación, Universidade de Vigo
Cris e Elia son unha parella que busca ter un fillo e que parece vivir unha historia de amor case perfecta. Dentro desta relación hai una certa tensión subxacente, problemas pasados, control, medos e un mal cheiro persistente no faiado ao cal Cris ten prohibido ir. Tras unha forte discusión, Cris acaba desafiando a súa parella e entrando no faiado prohibido, a pesar das advertencias dela. Unha vez aí, Cris encóntrase cunha cruda revelación.
Dirección: Miguel R. Berride
Guión: Miguel R. Berride
Produción: Marcos Seijo
Dirección de fotografía: Víctor Chao
Deseño de produción: Noa Orge
Música: Javier Gómez e Sara Gimeno
Reparto: Pepa Sofía e Pedro Galocha
.JPEG | Anxo González
2024 | 4' 57" | Cine-Ensaio | Galego | Facultade de Ciencias da Comunicación, Universidade de Vigo
No 2005, cando compramos a nosa primeira cámara dixital, deixamos de imprimir fotografías. Das imaxes desa cámara, consérvanse ata o ano 2008. O resto están desaparecidas. Unha perda de anos. A vida está cada vez máis ligada á imaxe. Cada persoa pode realizar unha fotografía no momento que o precise. Pode realizar varias fotografías do mesmo instante sen custo. Almacenalas non é un problema, tanto en discos duros como en servizos en liña. Considerámolas a salvo. A facilidade do proceso implica unha maior produción, polo que acabamos enterrados en imaxes. Da cantidade nace o desapego. Desvinculadas da nostalxia, resulta máis simple eliminalas. Estas cuestións contrastan coas fotografías en formato impreso. A súa materialidade fai que existan e teñan presenza. Son inevitables. Aínda que estean escondidas na esquina dun rocho ou no fondo dun andel, podemos atopalas por casualidade.
Dirección: Anxo González
Guión: Anxo González
Produción: Anxo González
Dirección de fotografía: Anxo González
Deseño de produción: Anxo González
Montaxe: Anxo González
Música: Dani Iglesias
MAY YOU LIVE TO SEE THE DAWN | Patricia Lleras y Ramón Martínez
2024 | 15' | Ciencia Ficción, Fashion Film | Inglés | Facultade de Ciencias da Comunicación, Universidade da Coruña
Ao entrar no aEther, un ciberespazo similar á chamada Matrix, creado pola corporación máis poderosa do ano 2107, tres novos deberán enfrontarse á personificación do seu pasado a través dos tres diferentes niveis da simulación. Past guiaraas ata o nivel máis escuro, o Limbo. Alí Aura, Apollo e Daphne danse conta de que seguir perseguindo o seu pasado e alienarse da realidade non encherá o baleiro que vive nelas. Por iso, deciden abandonar todo para chegar ata o amencer.
Dirección: Patricia Lleras e Ramón Martínez
Guión: Patricia Lleras e Ramón Martínez
Produción: Tania Ríos e Ariadna Álvarez
Dirección de fotografía: Ramón Martínez
Deseño de produción: Patricia Lleras
Montaxe: Ramón Martínez
Música: Manu Sacoga
Reparto: Julia Busto, Alba Alonso, Andrea Castillo e Carla Bruña