PROXECTOS SELECCIONADOS 2024
DOENTE | Noelia Sánchez
2023 | 13' 33" | Drama, Ficción | Galego | Facultade de Ciencias da Comunicación, Universidade de Vigo
Tras o falecemento da súa avoa, Marina queda na antiga casa na que vivían xuntas, acompañada polos recordos e a ausencia. A pesar das chamadas da súa curmá, quen intenta convencela de mudar con ela para superar a súa dor, Marina continúa unha vida autómata mentres explora as diferentes estapas do seu dó.
Dirección: Noelia Sánchez
Guión: Noelia Sánchez
Produción: Noelia Sánchez
Dirección de fotografía: Ana Sánchez
Deseño de produción: Eva F. Pereira
Montaxe: Emma Orio
Música: Aroa Ferreiro
Reparto: Lidia Veiga, Sonia Garrido e Noelia Sánchez
TOXOS | Jacqueline Reimúndez e Anxo Cambón
2023 | 13' | Aventura, Ficción | Galego e castelán | Facultade de Ciencias da Comunicación, Universidade da Coruña
Toxos é unha historia de aventuras que viaxa polas lendas e o misticismo galego da man de catro rapaces e rapazas de 12 anos e unha cadela. A súa curiosidade tras ler un libro de mitos populares, lévaos a querer descubrir a veracidade dunha lenda que conta a historia dunha grade de ouro agochada no río Ulla.
Dirección: Jacqueline Reimúndez e Anxo Cambón
Guión: Jacqueline Reimúndez
Produción: Jacqueline Reimúndez
Dirección de fotografía: Samuel Román
Deseño de produción: Alba Rodríguez
Montaxe: Samuel Román
Música: Vicente Couceiro
Reparto: Mariña Gestoso, Carla Álvarez, Rubén Buezas, Nicolás Silva, Gonzalo Valcárcel, Paloma San Martín e Iria León
TAN SÓ O DEMO LEMBRA | Dani Iglesias
2023 | 5' 31" | Drama, Documental | Galego | Facultade de Ciencias da Comunicación, Universidade de Vigo
Escasos 200 metros hai entre os carteis de entrada e saída de Nadal. Nesta pequena aldea de non máis de vinte casas, viviu sempre a miña familia materna. Ir de pequeno sempre foi unha gran alegría, ver a bisavoa, o cocido, estar con León e cos gatos, a horta do meu avó, coller moras nas silveiras dos arredores. Pero agora iso son tan só recordos difusos. Quedan aínda fotos, historias nas memorias da miña avoa, algunha pintura... Cambiou algo realmente?
Dirección: Dani Iglesias
Guión: Dani Iglesias
Produción: Dani Iglesias
Dirección de fotografía: Dani Iglesias
Deseño de produción: Dani Iglesias
Montaxe: Dani Iglesias
Música: Dani Iglesias
Reparto: Mª Digna Somoza Quiroga
UN ABRAZO ES UN MUNDO ENTERO | Manu Sacoga
2024 | 14' 09" | Drama, Ficción | Castelán | Facultade de Ciencias da Comunicación, Universidade de Vigo
Dalia, unha rapaza de 25 anos, decidiu recluírse na súa habitación debido á súa ansiedade social. Traballando online desde casa, mergúllase en mundos novos e realidades virtuais. De súpeto atopará un USB que non lembraba ter, e atopará unha carta esquecida, na que unha amiga pedíalle cumprir unha promesa xunto a ela. Dalia reflexionará sobre a nostalxia, a súa amizade e a súa avoa falecida.
Dirección: Manu Sacoga
Guión: Manu Sacoga
Produción: Manu Sacoga
Dirección de fotografía: Manu Sacoga
Deseño de produción: Patricia Villalón
Montaxe: Manu Sacoga
Música: Manu Sacoga
Reparto: Pepa Sofía